Control de pragas
Solucións profesionais certificadas contra roedores, insectos, aves e organismos xilófagos.
Sinais de alerta: como detectar unha praga?
- Excrementos ou roeduras en armarios, faiado ou rocho
- Buratos de saída e serraduras na madeira (couza)
- Ruídos nocturnos dentro de muros ou teitos falsos
- Manchas de graxa en paredes e rodapés
- Formigas ou insectos en cociñas e almacéns
- Niños de aves en fachadas ou cubertas
Plans de mantemento para empresas
Revisións periódicas con plano de portacebos, reposición e controis documentados. Obrigatorio para hostalaría, alimentación e centros sanitarios.
- Frecuencia adaptada ao teu sector
- Documentación para inspeccións
- Atención de urxencias incluída
Servizos de control de pragas
Desratización
Control de ratas e ratos con cebos certificados en portacebos seguros e plano de seguimento.
Desinsectación
Cascudas, formigas, chinches, pulgas, moscas e mosquitos. Tratamento adaptado a cada caso.
Desinfección
Eliminación de bacterias, virus e fungos con nebulizacións de produtos autorizados.
Lexionela
Prevención e control segundo o RD 487/2022 en torres, depósitos e acumuladores.
Tratamentos da madeira
Xilófagos: couza e termitas. Detemos o dano e previmos que volva aparecer.
Control de aves
Tratamentos contra aves e moscas: sistemas que evitan a súa presenza sen danalas.
Preguntas frecuentes
- Como sei que praga teño?
- Na maioría dos casos os indicios son claros. Se non o tes claro, solicita unha inspección: o diagnóstico previo é gratuíto e determina o tratamento exacto.
- Os tratamentos son seguros para mascotas e nenos?
- Si. Usamos portacebos pechados e fixados, produtos autorizados e respectamos os prazos de seguridade de cada aplicación.
- Que inclúe o certificado de garantía?
- Documenta o tratamento aplicado, os produtos, a data e o responsable: serve para a túa tranquilidade e para calquera inspección sanitaria.
Falamos do teu caso?
3 pasos, menos de 2 minutos. Chamámoste para confirmar a visita.
Que necesitas?
Luns a venres, 9:00–15:00 · Orzamento gratuíto
